LLIBRERIA
PER A
LLEGIR
No podem garantir la data d'arribada de les compres realitzades després del 17 de desembre. Bones festes.
Cerca avançada
Os seres queridos
Os seres queridos
Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non.
O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento.
Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.
Berta Dávila configura en Os seres queridos , Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado.
Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.

Llegir més
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 978-84-11-10030-4
Idioma: Gallego
Mesures cm: 16 x 23
Pàgines: 136
Estat: Disponible
Data d'edició: 10-03-2022
0.00€(IVA inclòs)
Sense stock