X
0 Artículos
Cesta
0 Artículos
Reserva. Pago en tienda
0 Artículos
Acceder
REGISTRARME EN FINESTRES
LIBRERÍA
PARA
LEER
0
Compartir
Guardar en favoritos
El Autor/a
Ramos, Ismael
Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) é autor dos poemarios "Lixeiro" (Xerais, 2021), Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández; "Lumes" (2017), Premio Javier Morote de Las Librerías Recomiendan e "Os fillos da fame" (Xerais, 2016), Premio Johán Carballeira de Poesía. Algúns dos seus libros foron traducidos ao catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es. "A parte fácil" é o seu primeiro libro de contos.
Leer más
A parte fácil
A parte fácil
Ramos, Ismael
Twitter
Facebook
Pinterest
E-mail
A parte fácil
A parte fácil
Ramos, Ismael

As personaxes deste libro están medrando.
Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar.
Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes...
A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.
Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.
Leer más
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 978-84-1110-257-5
Idioma: Gallego
Medidas cm: 15.5 x 23
Páginas: 144
Estado: Disponible
Fecha de edición: 16-02-2023
0.00(IVA incluido)
En stock

Otros libros de Ramos, Ismael